Encerado dixital no CEIP de Arzúa
No CEIP de Arzúa decidimos colocar unha pizarra dixital no 2º ciclo de E. Infantil,establecendo un calendario para o emprego do recurso na aula: luns 3 anos, martes 4anos A , mércores 4 anos B e xoves 5 anos.Esto é porque nunha única sesión non seria operativo trasladala pantalla a aula xunto co proxecto e os seu cableado, polo que é máis sinxelo transladala e instalala pola mañá para que permañeza dispoñible todo o día.
Lóxicamente unha das primeiras tarefas que nos propoñemos e empregala a xeito de presentación:bits, imaxes, vocabulario, fotografías, videos, presentacións...ata que poidamos explorar o seu software e profundizar nas súas posibilidades, sobre todo cando dispoñamos da desexada conexión á internet.


Chúzao
del.icio.us
Cómo vos vai o traballo ca pizarra? Que fixechedes ata agora?. En canto as diferentes pizarras, qué principais vantaxes/inconvintes lle atopades a Smartboard contra a Promethean-PRODEL?. E que eu ando a mirar cal se adaptaria mais ás nosas necesidades.
Unha aperta
Felo | 02-11-2006 - 11:11:04 GMT 1 #